A entidade destinará fondos propios a rexenerar os bancos naturais

La Voz

RIANXO

03 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O patrón maior de Rianxo ten clara a necesidade de coidar os bancos marisqueiros para que sigan sendo produtivos, polo que neste novo mandato se van reforzar os labores de rexeneración das concesións achegando incluso fondos propios da entidade para sufragar eses traballos.

Xa nos últimos anos se teñen destinado recursos á rexeneración dos bancos naturais que xestiona a confraría, investindo cada ano entre 20.000 e 40.000 euros nestas tarefas. A intención do cabildo é continuar con esta liña de traballo neste mandato.