Pablísimo, Jorge López e Vero Rilo súmanse ao Día das Bibliotecas

As salas de lectura de Noia, Rianxo e A Pobra organizaron actividades para animar aos nenos a mergullarse no mundo da literatura


Hoxe?•?Biblioteca de Rianxo?•?18.30 horas?•?Biblioteca da Pobra?•?19.30 horas?•?Biblioteca de Noia?•?18.00 horas?• Con motivo do Días das Bibliotecas, chamar a atención dos máis pequenos, tratando de conseguir que se mergullen no mundo da literatura. En Rianxo, Pablísimo desembarcará cunha sesión de contos dirixida a nenos de 3 a 9 anos, que se presenta baixo o título O paroleiro.

Na biblioteca de Noia estará Jorge López Penas, autor de Como axudo a Antón?, un libro sobre o acoso escolar. A actividade, que se prolongará durante unha hora, está especialmente recomendada para nenos que teñan entre 6 e 12 anos, así como para os seus familiares.

Na sala de lectura pobrense será Vero Rilo a que trate de enganchar aos nenos da vila no mundo da lectura. Botará man dunha viaxe polos montes, os prados e os camiños verdes, onde se irá atopando con toupas choscas, ogros torpes, pombas doces e dragóns atroces. A actividade, vinculada co respecto á natureza, vai dirixida a nenos de 2 a 6 anos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Pablísimo, Jorge López e Vero Rilo súmanse ao Día das Bibliotecas