Baldomero Ordóñez: Un home co mar na mirada e Rianxo no corazón


Ribeira / La Voz

Marchou para Noia ao casar, pero Baldomero Ordóñez nunca abandonou o seu Rianxo natal. Os lazos que o unían á súa vila e, sobre todo, á súa gran familia, coa súa nai, Lola, á cabeza, eran demasiado fortes como para permitir que se afastara. Sempre levou Rianxo no corazón e dicíallo a quen quixera escoitalo, unha devoción que se vía correspondida, como onte demostraron os seus irmáns, sobriños, amigos, veciños e coñecidos acudindo á igrexa de Santa Cristina de Barro para a última despedida.

Foi un adeus triste, porque Baldomero era un home de familia que se facía querer, que gustaba das longas sobremesas, simpático, cun sentido do humor irónico, que contaba ademais no seu carácter cun trazo moi rianxeiro: o de cantareiro. Era alegre e vitalista, capaz de encaixar os duros golpes que a vida lle foi dando sen perder o sorriso e sen deixar de mirar cos seus ollos do azul do mar de Arousa cara un futuro que ninguén presumía tan curto. Por iso a despedida foi especialmente penosa.

Pero el non era unha persoa triste, e desexaría que o recordo que quede del entre os que o queren sexa o do home alegre que animaba as sobremesas regadas co champaña que tanto saboreaba. Que mellor adeus que un último brinde, ¡por Baldomero!

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Tags
Comentarios

Baldomero Ordóñez: Un home co mar na mirada e Rianxo no corazón