Seis concellos recibirán axudas para a promoción do uso do galego

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

RIANXO

Recibirán unha axuda superior aos 16.000 euros

18 jul 2018 . Actualizado a las 05:05 h.

Media ducia de concellos recibirán axudas por importe de 16.675 euros para a promoción do uso do galego. Trátase de Boiro, Ribeira, Outes, Rianxo e Carnota e Mazaricos, que fixeron a solicitude de maneira conxunta.

A subvención está dirixida á creación de servizos lingüísticos ou ao mantemento dos existentes. Tamén poden empregarse os cartos en levar a cabo programas de dinamización dirixidos á cidadanía.

As contías asignadas varían entre los 4.786 euros de Ribeira e os 2.259 euros de Rianxo. A axuda forma parte do plan que leva a cabo o departamento de Política Lingüística.