El polígono industrial, la asignatura pendiente del gobierno de Porto do Son

Marta Gómez Regenjo
M. Gómez RIBEIRA / LA VOZ

PORTO DO SON

La depuradora de Queiruga es uno de los grandes proyectos que se verán completados en este mandato.
La depuradora de Queiruga es uno de los grandes proyectos que se verán completados en este mandato. CEDIDA

El ejecutivo tiene tres años por delante para iniciar las obras en el recinto

05 jun 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

La celebración de elecciones en mayo del año pasado no supuso cambios sustanciales en el Concello de Porto do Son. Más allá del reajuste en el reparto de fuerzas en la oposición, el PP reeditó la mayoría absoluta, así que un año después del paso por las urnas podría decirse que todo sigue igual en lo político. El propio gobierno local habla de continuidad en el proyecto, y lo cierto es que de las grandes propuestas para el presente mandato se lleva hablando ya un tiempo. En este aspecto, sin duda, la gran asignatura pendiente del gobierno de Luis Oujo es poner en marcha el ansiado polígono industrial.

Por haches o por bes, el recinto empresarial lleva años de retraso en un contexto en el que el suelo industrial no abunda en la comarca, precisamente, lo que supone un contratiempo para muchas empresas que buscan donde asentarse o expandirse. Oujo es tan consciente de esto como de que lleva años comprometiendo la construcción del parque, pero confía en que las gestiones realizadas en los últimos mandatos fructifiquen ahora. Por delante quedan tres años para que la gran promesa del PP se convierta en realidad.

El saneamiento

Donde sí se han hecho los deberes es en materia de saneamiento. Durante años el regidor repitió como un mantra la necesidad de invertir en alcantarillado y hace solo unos días se anunció que a final de año entrará en servicio la planta de tratamiento de Queiruga, la última gran obra prevista para depurar las aguas residuales del municipio. Quedan núcleos sin servicio, pero están planificadas actuaciones para completar la red.

Aunque no se esperaba menos contando con mayoría absoluta, el gobierno de Porto do Son ha aprobado también los primeros presupuestos del mandato. El alcalde presume de hacerlo cada año, y de que cada ejercicio aumentan los recursos disponibles. Con todo, sigue siendo necesario el apoyo externo para sacar adelante obras de envergadura, entre las que destaca el colegio de Portosín, también pendiente.

La relación con la oposición ha mejorado, pero se mantiene la crítica a la falta de diálogo

El tono en otros tiempo bronco que acostumbraba a reinar en el salón de plenos de Porto do Son ha dado paso al debate sosegado y al planteamiento de propuestas. Sin embargo, la mejoría en la relación entre gobierno y oposición no excluye que se mantenga la crítica a la falta de diálogo y participación por parte de los grupos políticos.

Mientras los nacionalistas se quejan del incumplimiento de acuerdos como el alcanzado para que se graben los plenos, los socialistas lamentan que no se incluyan sus propuestas en el orden del día de las sesiones.

CARMELA QUEIJEIRO

Luis Oujo: «Este vai ser o mandato do parque empresarial»

Despois de tres mandatos completos no cargo e outro por diante, Luis Oujo recoñece que este primeiro ano serviu para continuar e encamiñar proxectos que veñen arrastrados de atrás, cun obxectivo claro para os vindeiros anos: «Este vai ser o mandato do parque empresarial. É un compromiso que teño dende o 2011 e por distintos problemas non fomos capaces de desenvolvelo, pero gustaríame que fora neste mandato porque hai demanda, dos 300.000 metros cadrados proxectados, xa hai interese por ocupar 70.000 e estou seguro de que unha vez que empecen as obras aparecerán máis interesados».

Nestes primeiros meses, explica Oujo que xa mantivo reunións cos responsables do Instituto Galego de Vivenda e Solo e ten xa solicitada outra coa conselleira: «Vai haber novidades pronto».

Pode que soe pouco ambicioso, pero nos vindeiros anos os obxectivos do rexedor sonense pasan por sacar adiante tanto o colexio de Portosín coma o centro de saúde de Porto do Son e non desatender as demandas dos veciños e o mantemento xeral do municipio: «O que nos propoñemos é ir cumprindo os nosos compromisos e traballar, traballar e traballar».

Porén, Oujo ten en carteira algúns novos proxectos que sacar adiante. Un deles ten que ver co subministro de auga: «O abastecemento da zona sur do municipio é prioritario. A intención é facer un depósito na aldea de Prado do Monte e aproveitar as infraestruturas das traídas veciñais que xa existen para levar a auga desde ese depósito cando fallen os mananciais. O investimento vai a uns tres millóns de euros e non podemos afrontalo nós sós, estamos buscando a colaboración da Xunta».

Urbanismo

Outra cuestión importante para o alcalde sonense é o desenvolvemento dos plans especiais de reforma interior (Pepri) de Porto do Son e de Outeiro: «Queremos conservar os núcleos tradicionais para que non perdan a súa tipoloxía e identidade».

Nesta mesma liña, aínda que está por definir como se fará, o executivo local vai desenvolver algún tipo de axuda ou bonificación para incentivar a rehabilitación de vivendas cun dobre obxectivo: «É unha maneira de evitar que se abandonen as casas e ao mesmo tempo favorecer que a xente volva a vivir no rural».

Balbino González é o voceiro do BNG.
Balbino González é o voceiro do BNG. MARCOS CREO

Balbino González: «Non é un goberno máis eficaz nin resolutivo»

Chegados ao cuarto mandato consecutivo do PP, o voceiro do BNG, Balbino González, fala, máis que de continuísmo, de falta de proxecto por parte do goberno liderado por Luis Oujo. Bota en falta, ademais, máis axilidade nun executivo que goza dunha maioría absoluta que lle permite sacar adiante as súas propostas sen atrancos: «Vimos de aprobar os orzamentos hai un mes. Non nos explicamos por que tardaron tanto en sacalos adiante, é unha mostra máis de que non hai axilidade. A pesar de ter sete concelleiros con soldo, non é un goberno máis eficaz nin máis resolutivo».

O voceiro nacionalista cita as iniciativas que veñen de atrás e que seguen sen materializarse, como o colexio de Portosín ou o centro de saúde, e conclúe: «Dános a impresión de que pouco proxecto lle queda a Luis Oujo máis alá das obras que leva anos prometendo». No que respecta ao novo ambulatorio, González cuestiona a falta de transparencia na operación de compra do edificio que se destinará ao novo centro médico, e cuestiona incluso a necesidade dunhas novas instalacións se se fixera unha rehabilitación integral do existente. O mesmo ocorre, opina, co colexio de Portosín: «Non hai proxecto, simplemente é tirar co que hai para facer algo novo, pero iso non nos saca de ningún atranco. Hai falta de proxecto, de rumbo, de saber que é o que se quere».

No que respecta á xestión feita polo executivo sonense neste ano, insiste en que «cada vez temos máis políticos no Concello, pero non se ve no traballo», e pon como exemplo a Casa de Ríos: «Tivemos que devolver unha subvención europea de 241.000 euros porque non foi quen de rehabilitala no prazo que se esixía».

Jorge Romero, voceiro do PSOE de Porto do Son.
Jorge Romero, voceiro do PSOE de Porto do Son.

Jorge Romero: «Véndese moito e faise pouco»

O voceiro do PSOE, Jorge Romero, ten claro que o desenvolvemento do polígono industrial ten que ser a prioridade absoluta neste mandato, pero non ten ningunha confianza en que vaia verse materializado proximamente: «Levamos 12 anos prometendo o parque empresarial, que é algo básico para fixar poboación, e seguimos sen el. Véndese moito e faise pouco, iso é o que vemos».

Non é o recinto de naves o único proxecto que, en opinión do voceiro socialista, se leva tempo anunciado sen que acabe de concretarse: «Pasa o mesmo co colexio de Portosín, o próximo curso xa deberían entrar os nenos e non hai nin a primeira pedra posta. E o mesmo co centro de saúde do Son, que cae a cachos, pero nin se arranxa nin se fai un novo. Son cousas repetitivas que se prometen sempre e nunca se fan».

Carencia de axudas ao comercio local e á hostalería, un saneamento no que se avanza pero aínda falta moito para completalo ou a falta de apoio aos deportistas son outros dos aspectos que critica Romero: «Dáse moito bombo de que todo vai ben, pero a realidade é que falta moito por facer, e sobre todo, falta interese por facelo».

En cando ao papel da oposición, conclúe: «Con esta maioría estamos totalmente opacados».