Calo Lourido presenta «Vida e traballo no mar dos galegos» da man de Barbantia

LA VOZ RIBEIRA / LA VOZ

PORTO DO SON

CARMELA QUEIJEIRO

A cita está fixada para as 20.00 horas deste venres na casa de cultura de Porto do Son

28 mar 2021 . Actualizado a las 10:54 h.

O arqueólogo e antropólogo de Porto do Son Francisco Calo Lourido é o convidado de Barbantia para o seu acto deste mes de marzo. Aproveitará para presentar o seu último traballo, Vida e traballo no mar dos galegos, un libro que leva aos lectores desde a ría de Ribadeo ata a desembocadura do Miño para analizar o nacemento das comunidades de pescadores, o papel dos mosteiros, a chegada dos fomentadores, os distintos tipos de embarcacións que sucaron os mares, os instrumentos que empregaban os profesionais do sector...

A cita está fixada para as 20.00 horas deste venres na casa de cultura de Porto do Son e acudirán, ademais do autor, Pastor Rodríguez, coordinador de Barbantia; Pilar Sampedro, vogal da asociación; e o alcalde, Luis Oujo. Actuará a escola de música local. Os interesados en asistir poden reservar a súa localidade no correo barbantia@barbantia.es. O prazo para facelo concluirá mañá