Proximidade


Creo que non crebo ningún secreto: os mellores mariscos e peixes da ría, os máis saborosos, os que quedan na nosa memoria para sempre, son os humildes, os que dificilmente teñen saído do litoral da nosa ría. Con moita sorte algún restaurante de entendidos pode controlalos, pero son os menos. Aínda que sempre se di que o mellor peixe das lonxas de Ribeira, Porto do Son, Muros, Lira... sae todo para Madrid, o certo é que só marcha o que queremos que saia.

Cando falas con calquera veciño da nosa costa, os produtos que valoramos e nos poñen melancólicos da nosa infancia son aqueles aos que só nós lle sabemos os nomes: os caramuxos, os buraces, as maragotas, o congro, as lapas, os mexillóns da pedra, mesmo a faneca. E que dicir dos bos mexillóns? Fóra sempre che serven pobres bivalvos esfameados.

A riqueza non paga o mellor, paga o convencional. Os peixes e mariscos estrela para os urbanitas seguen a ser os mesmos desde o século XIX: pescada, rodaballo, linguado, robaliza, lagosta, lumbrigante. Non serei eu quen os desprece, pero nós sabemos que a ledicia de xantar o mar pode estar noutro lugar: agachada entre as fisgas das pedras, alí onde medran as lapas que non quere ninguén, servida como unha presada de caramuxos no Miramar de Palmeira, ou como mexillóns das bateas de Boiro ou a Pobra, eses mexillóns que parece que acaban de saír dun ximnasio, e que non se ven fóra.

A proximidade, da que tanto se fala, é na ría de Arousa o mellor valor. E o mellor segredo. Xa me estou arrepentindo de escribir isto.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Proximidade