Diego Montaos: «Somos un grupo de bos amigos»

Con 21 tantos en 20 encontros, pelexa xunto a Gordon, do Abanqueiro, polo título de máximo goleador


Dono dunha potencia e forza digna de categorías superiores, Diego Montaos (Porto do Son, 1992) está completando unha das súas mellores tempadas co Queiruga. Con 21 tantos en 20 encontros, pelexa xunto a Gordon, do Abanqueiro, polo título de máximo goleador da competición.

-O Queiruga está facendo unha tempada de escándalo.

-A verdade é que non contábamos con acadar tanto puntos tan rápido. Estamos xogando a un gran nivel.

-E iso que acaban de ascender de categoría. ¿Como o explica?

-Este ano comprometémonos todos un pouco máis. Estamos adestrando ben e ao final os resultados vense no campo.

-Que o voso feudo de Goirís sexa de terra xoga a favor.

-Pode ser, a maioría dos rivais teñen céspede artificial e sempre lles custa adaptarse. Igual iso danos un punto ao noso favor.

-Está que se sae de cara a gol. ¿A que o achaca?

-Este ano estanme saíndo as cousas. Espero que siga así [ri]. Non me esperaba acadar estas cifras. Ao comezo da tempada sempre te fixas retos. Quería chegar aos 20 goles, e xa os conseguín na primeira volta.

-Éntralle todo. Supoño que está cunha confianza brutal.

-Cando marcas, logo podes arriscar máis. Sempre me custou adestrar, pero este ano quixen comprometerme un pouco. Pode que iso tamén afecte.

-¿Como valora o nivel da liga?

-Véxoa moi igualada, con excepción do Ribeira, non hai un equipo que destaque. Calquera pode gañar a calquera.

-¿Cal é o obxectivo do club?

-Queremos pechar a salvación canto antes e a partir de aí seguiremos mirando. Se podemos ir a polos de arriba, iremos.

-¿E a fortaleza do equipo cal é?

-Somos un grupo de bos amigos que o pasamos ben xogando ao fútbol. Podemos discutir, pero todo se arranxa no momento. Hai moi bo ambiente entre todos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Diego Montaos: «Somos un grupo de bos amigos»