ribeira / la voz

Un percorrido pola investigación científica, a literatura e a historia permitiu ao escritor Antonio Piñeiro amosar a relación que existe entre paixase e creación artística, exemplificando cos aguiñenses Manuel Ayaso e Jontxu Argibay e como as pedras erosionadas polo vento e a auga están presentes nas súas obras. Tamén falou da súa propia influenza, reflectida no seu relato Sirga «que trata da memoria a través dos barcos e das pedras».

O historiador inaugurou deste xeito as xornadas Francisco Lorenzo Mariño, acompañado polo rexedor, Manuel Ruiz, e a presidenta da entidade, Elvira Pisos, confesando que o que fora párroco de Aguiño «puxo a primeira puntada na miña maneira de comprender a fe».

Durante o acto, a asociación nomeou socia de honra á falecida Marisol Ayaso, da que se destacou a súa implicación na vida social e cultural de Aguiño. Emocionada, a súa filla Laura Ayaso recolleu de mans de Unai González a placa conmemorativa.

Xa onte, os aguiñenses trasladaron a súa homenaxe anual ao seu párroco ao cemiterio de Porto do Son, onde descansan os seus restos mortais. Na súa tumba depositaron un ramo de flores e Elvira Pisos lembrou que acoden sempre a testemuñarlle o agarimo e a gratitude que aínda lle teñen a don Francisco, e pediulle que lles axude a seguir adiante, a non ser covardes «nin comulgar co poder dos cartos».

O apóstolo e Plácido

Unai González

O16 de xaneiro fixo tres lustros do pasamento de Paco de Aguiño, Francisco Lorenzo Mariño, párroco fundador que chegaba ao noso pobo un outono de 1959. Despois de traballar arreo, en todos os campos posibles -parroquial, comunitario, asociativo, cultural, económico, lingüístico, deportivo e incluso político- ao longo de 45 anos tivo a sorte de ser profeta na súa terra de adopción e ter o recoñecemento público da súa veciñanza, así ergueuse un busto no adro da igrexa, púxose o seu nome á principal rúa do pobo ou outorgáronlle a Medalla de Galicia, entre outros méritos dunha morea de todo tipo.

Seguir leyendo

 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Piñeiro afondou na relación entre paisaxe e creación en Aguiño