Os títulos sobre a mesiña de noite dun libreiro

p. bretal

PORTO DO SON

CARMELA QUEIJEIRO

Estes profesionais da venta de literatura analizaron as súas preferencias á hora de escoller un título ou un autor e aportaron consellos para crear ou manter regularmente o hábito da lectura

10 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Adoitamos a preguntarlles que novela é a que máis se está a vender ou cales son as últimas tendencias das editoriais, pero ¿que títulos se atopan sobre a mesiña de noite dun libreiro? ou ¿como fixeron para espertar tal paixón pola escrita?

Celia Liliana Alfaya, ao cargo da rianxeira libraría Ben, teno moi claro: «Son de novela, cando leo unha obra de teatro ou un poemario pásoo ben, pero a narrativa permíteme abandonala un momento para atender o traballo». E para quen se atope na súa situación, Alfaya ten o remedio, «relatos curtos de Murakami ou un conto de Alice Munro». Porque esta empresaria cre que «é vital ampliar horizontes sen que importe o xénero, lendo a autores árabes ou de Europa do leste».

No caso de María José Maneiro, que rexenta a libraría Andrea en Porto do Son, non lle perde a pista aos creadores vinculados á comarca, tal e como indica ao afirmar «recomendo obras da zona, como Todo o tempo do mundo de David Pérez Iglesias, director do instituto sonense e Premio Merlín. Sempre digo que hai que quitar o libro da mesiña de noite e levalo á praia», aconsella Maneiro.

«Me encanta la novela histórica y la negra, considero que son subgéneros primordiales», estas foron a clase de páxinas que engancharon a Maite González Mirás, da ribeirense libraría Mirás. «Estoy con La columna del fuego, me enganché a Ken Follet desde Los pilares de la tierra», revelou a profesional.

O único truco

«Declárome lector de best seller, penso que os autores americanos son moi bos neste formato», precisou Rafael García Hermida, fan do universo de Dan Brown e polo que inevitablemente está lendo Origen. En galego prefire escritores como Riveiro Coello e as súas inmortais As rulas de Bakunin. «Ultimamente vexo a pais lendo mentres esperan polos rapaces do fútbol, a proba de que a lectura non ten un espazo fixo».

E se en algo coinciden todos os libreiros é na afirmación de Inma Blanco Picos, da firma noiesa Blanco: «Mis padres eran grandes lectores que me deslizaban sutilmente libros, algo que hago con mi hijo». Nos seus repletos estantes asoma o nome de Joël Dicker. Apunta que «me gusta casi todo, pero lo siento, no puedo con novelas planas como Las 50 sombras de Grey».

«É vital ampliar horizontes sen que importe o xénero, lendo a autores árabes ou de Europa do leste»

«Recomendo obras da zona, como ‘Todo o tempo do mundo’, de David Pérez Iglesias»

«Me encantan la novela histórica y la negra, considero que son subgéneros primordiales»

«Declárome lector de ‘best seller’, penso que os autores americanos son moi bos neste formato»

«Me gusta casi todo, pero lo siento, no puedo con novelas planas como ‘Las 50 sombras de Grey’»