Veciños de Aguiño realizan a tradicional ofrenda floral no cemiterio de Porto do Son

La Voz

PORTO DO SON

Se leerá un manifiesto en memoria del párroco

21 ene 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Cemiterio de Porto do Son • 17.00 horas • Un grupo de veciños de Aguiño, liderado pola directiva da asociación Francisco Lorenzo Mariño que preside Unai González, desprazaranse esta tarde ao cemiterio de Porto do Son para depositar unha coroa sobre a tumba na que descansan os restos do párroco. Un grupo de gaitas poñerá a nota musical a unha homenaxe que incluirá, coma sempre, a lectura dun manifesto. Posteriormente, ás 19.30 horas, terá lugar unha misa polo décimo terceiro aniversario do falecemento do cura na igrexa do Carme de Aguiño.

 

 

Ladillo

Hoxe • Conservatorio de Aguiño • 20.30 horas • Esta segunda xornada da Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño concluirá cunha actividade lúdica. A Compañía Daboapipa desembarcará no conservatorio da localidade para entreter aos asistentes con Historias de vida, guerra, amor e case morte.

 

As actividades chegarán ao seu fin mañá, con outra sesión de contos a cargo de Caxoto e cun concerto de bandas sonoras da Rondalla da localidade.