Menu La Voz de Galicia Inicia sesión Mi cuenta Suscríbete por 1€ Cerrar «Non me gusta facer leña da árbore caída. Hai que mirar ao futuro» La Voz PORTO DO SON 10 abr 2011 . Actualizado a las 06:00 h. Whatsapp Mail Facebook Twitter A súa visión da política dende neno, e como esta evolucionou co paso do tempo coincidindo coa súa saída da comarca para completar a súa formación, son outros temas que repasa o rexedor sonense. -¿Onde pon o seu teito en aspiracións políticas? -Eu non penso en teitos, penso en ter os pés no chan, en xestionar ben o concello e en satisfacer as demandas grandes ou pequenas dos veciños. Penso sempre en clave de Porto do Son. -¿Pensaba que chegaría algún día a ser alcalde? -Cando un é rapaz pensa en xogar, na escola, nos amigos, en xeral non se pensa en política. Pero agora estou satisfeito de ser alcalde da miña vila, gústame traballar polo meu pobo. -¿Que opinaba do alcalde ou alcaldes do Son na infancia? -Na infancia xogaba, ía á escola, saía cos amigos e, a verdade, coma todos os nenos non pensaba en política. -E xa de mozo, ¿cando a vida se abre aos ollos dun? -Empecei a ser máis consciente dos problemas e a pensar como se deben solucionar, dende unha visión progresista pero moderada. Son máis de feitos que de palabras. -¿Cal cree que foi o mellor alcalde sonense da democracia? -Fun maior de idade en 1991, cando fun para Santiago, polo que da política anterior teño un xuízo histórico, pero non tanto unha opinión persoal directa. Así o alcalde que coñecín foi Ramón Quintáns, que penso que fixo moitas cousas. Ninguén goberna a gusto de todos, pero non se lle poden negar as obras realizadas e o seu peso político. Traballei con el dous mandatos e Quintáns é un home moi válido e traballador, un político nato. Foi alcalde moito tempo, pero soubo ser tamén concelleiro na oposición e agora no goberno. As obras e as melloras da súa época están á vista: centro de día, casas de cultura en case todas as parroquias, a humanización das rúas da vila, pavillóns e pistas deportivas, paseo marítimo e sendas peonís? -¿E o peor rexedor? -Non me gusta facer leña da árbore caída. Hai que mirar ao futuro. O pasado xa é pasado. Archivado en: Porto do Son Comarca de Noia Whatsapp Mail Facebook Twitter