Neste sentido, dende o partido indicaron que «pódese entender que haxa cambios por cuestións sobrevidas, como foi a elevación da rasante por atopar elementos imprevistos, pero o tipo de varanda debería terse claro dende un principio e non cambiala no medio da execución do proxecto. Estas variacións deben analizarse e realizarse logo dun estudo en profundidade, non a golpe de titulares».
Tamén criticou a actuación do BNG de Outes, que cualifica de falta de rigor «primeiro criticaron o uso de adoquíns reclamando a recuperación do firme orixinal, ocultando que non sería compatible co tráfico rodado sobre a ponte. Despois reclamaron a colocación de un peitoril de pedra que a Xunta incluíu e agora considérano unha deturpación».