Terra de Outes pon de relevo o Camiño

Dedicou unhas xornadas a analizar os aspectos cultural, económico, histórico e político do percorrido


Ao longo dos últimos catro días, a asociación Terra de Outes puxo de relevo o Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio a través de varias xornadas nas que se analizaron os aspectos cultural, económico, histórico e político do percorrido. No marco da undécima Muiñada promovida polo colectivo, documentouse a existencia desa ruta xacobea e fíxose fincapé na importancia que tería a súa oficialización para a zona. Onte, coincidindo co fin desa parte teórica do ciclo, debulláronse os pasos dados para conseguir este obxectivo e os que aínda están pendentes.

A mesa redonda celebrada no Club Náutico do Freixo contou coa participación de Nava Castro, a directora xeral de Turismo, que destacou a importancia que teñen os xeodestinos como axentes clave na promoción turística a escala supramunicipal e na posta en marcha de novos produtos e estratexias de comercialización. Engadiu que a Xunta destinou este ano ao de Muros-Nopia 40.000 euros.

Pola súa banda, o rexedor local, Manuel González, puxo en valor a riqueza que, a nivel turístico, ten o municipio; mentres que Teresa Villaverde, como presidenta da Asociación de Concellos do Camiño Ría de Muros-Noia, expuxo todos os pasos que se deron para conseguir que o percorrido que pasa por Outes sexa oficializado coa concesión da Compostela.

As xornadas chegarán hoxe ao seu fin coa realización dunha ruta en embarcacións tradicionais que irá desde O Freixo ata Noia.

Vive Camino

Toda la información sobre el Camino de Santiago en Vive Camino

Votación
0 votos
Comentarios

Terra de Outes pon de relevo o Camiño