Un mundo escuro

Román Arén analiza a obra narrativa do escritor outense Abel Tomé

O escritor Abel Tomé, no centro
O escritor Abel Tomé, no centro

A Voz de Barbantia

Abel Tomé (Outes, 1984) consolida o seu debut como narrador con A noite do lobo, Premio Illa Nova 2019, do que xa ficara finalista coa súa primeira novela, A noite do corvo. Paisaxes agrestes, pasado escuro nas personaxes, un ton gótico, ou a violencia son as características desta novela, que está máis preto do romance ca da novela psicolóxica, e que vai gustar a novas lectoras afeitas, e afeitos á aventura. Pero falo para lectoras, sobre todo, porque a obra de Tomé fai na muller atención especial, pois que se dexerga un certo ton feminista nesta historia de lobos que serve de homenaxe ás mulleres oprimidas, nunha sociedade esmagadora e abafante.

A obra é, así, algo máis ca un romance de aventuras situado nunha Galicia preta que nunca se cita. Abraia tamén o forte desexo da nada, da morte, do protagonista, Lourenço d’Ourantes, e a violencia da trama.

O autor logra dar moi ben o ritmo desta escura diéxese, con fíos secundarios cheos de interese. Axilidade narrativa que facilita unha doada lectura.

A novela forma parella coa anterior, pero é autónoma, e haberá que agardar a nova entrega desta triloxía, para completar este mundo mouro e salvaxe. O ton escuro está moi ben conseguido e anúncianos un narrador que ten moito que contar.

A ficha do libro:

A noite do lobo

Abel Tomé

Galaxia (Vigo, 2019)

216 páxinas

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Un mundo escuro