O cemiterio de Santo Ourente acolleu un acto a prol do uso do galego

L. Martelo OUTES

OUTES

cedida

A iniciativa partiu do Concello de Outes de la asociación de veciños San Campio

30 nov 2019 . Actualizado a las 17:51 h.

Promovido polo Concello de Outes e pola asociación de veciños San Campio, o cemiterio de Santo Ourente deu cabida no día de hoxe a un acto co que se pretende promover o uso do galego no ámbito funerario.

Ademais da lectura dun texto do século XV recollido dunhas antigas acta notariais por parte e Xaquín Monteagudo, presidente da Irmandade Xurídica Galega, descubriuse unha placa conmemorativa, nun acto que estivo presidido polo alcalde de Outes, Manuel González, que tamén fixo unha intervención. Ademais do rexedor, acudiron á cita os concelleiros de Cultura e Deporte, José Manuel Ramos e Daniel Rodríguez, así como a edila do BNG, María Xosé Suárez. No acto a prol do uso do galego tamén participaron representantes da asociación San Campio -moi vencellada á xestión do camposando- e a presidenta do colectivo Xente de Santo Ourente, Soledad Agra.

Deste xeito, Outes sumouse a unha iniciativa que xa foi acollida noutros concellos galegos impulsada pola Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística, coa que se busca achegar o galego a usos como as celebracións fúnebres, as inscricións e os epitafios.