A revista «Terra de Outes», xurdida no 2007, acada o número 45 

La Voz

OUTES

cedida

Xoán Mariño foi reelixido presidente da entidad que saca á luz a publicación de carácter trimestral

23 ene 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A asociación Terra de Outes presentou o número 45 da revista que leva o nome da entidade. Entre os seus contidos atópase unha entrevista á mestra xubilada Marisol Nieto Mallo; reportaxes sobre o serradoiro do Cunchido, o despoboamento dos núcleos rurais do municipio ou os singulares sancosmeiros; e diversos artigos de opinión.

O secretario da entidade, Ramón Blanco, destacou o feito de que esta publicación de carácter trimestral siga saíndo á rúa desde hai máis dunha década, pois comezou a editarse no ano 2007. Tamén puxo de manifesto que a intención da asociación é conseguir que a revista siga vendo a luz como ata o de agora.

Eleccións

Antes da presentación da publicación, Terra de Outes celebrou dúas asembleas. Na primeira delas presentouse o plan de actividades para este ano, no que terá un papel destacado a sección mariñeira, pois as cinco embarcacións tradicionais da entidade participarán en diversos encontros. Na segunda, Xoán Mariño foi reelixido presidente.