Outes súmase á festa das letras con xincanas literarias e sesións de contos

La Voz

OUTES

SANDE

O vindeiro xoves darase a coñecer o fallo do certamen de poesía Francisco Añón

09 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Os veciños de Outes máis pequenos están en plena celebración das Letras Galegas. Os escolares están estes días participando nunha xincana literaria na honra de María Victoria Moreno, actividade que arrancou o luns na casa de cultura e que se prolongará ata mañá. Tamén onte, un grupo de estudantes asistían a unha sesión de contos a cargo de Cristina Collazo. O venres será Avelino González o que desembarque na localidade para ofrecerlles aos estudantes de Secundaria un espectáculo baixo o título Contos literarios.

Pero o día grande deste maio da cultura será o xoves en Outes, pois darase a coñecer o fallo do certame Francisco Añón e procederase á entrega dos galardóns. O acto terá lugar ás 18.00 horas e incluirá a presentación da obra gañadora na pasada edición: Asombrario, de Belén Varela Miño.