Un volume recolle os mellores artigos de «Terra de Outes»

La Voz

OUTES

sande

A saída á luz do primeiro recompilatorio coincide cos 10 anos de publicación da revista

22 oct 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A asociación Terra de Outes festexaba o pasado fin de semana os dez anos de vida sacando á luz o número 40 da súa revista. Onte redondeaba a celebración coa presentación do primeiro recompilatorio, que recolle unha selección dos artigos que ao longo desta última década foron publicados en Terra de Outes. O presidente do colectivo, Xoán Mariño, e un dos membros do consello de redacción da revista, Domingo Campos Alborés, foron os encargados de explicar os obxectivos do volume, destacando como prioritario o feito de contribuír á difusión da cultura e do idioma galegos.

Coa presentación do recompilatorio chegou ao seu fin a novena Muiñada, unhas xornadas de exaltación do patrimonio cultural que nesta ocasión estiveron dedicadas ás publicación en galego.