Noia, Ribeira e Porto do Son serán paradas da xira impulsada para dar a coñecer a figura de Begoña Caamaño entre a rapazada

La Voz

NOIA

<span lang= gl >Valentín García e Vero Rilo presentaron o espectáculo e anunciaron as paradas que fará</span>
Valentín García e Vero Rilo presentaron o espectáculo e anunciaron as paradas que fará

Acollerán pases do espectáculo «As mil e unha», con Vero Rilo de Luis Iglesias como protagonistas

20 mar 2026 . Actualizado a las 20:03 h.

A Xunta de Galicia percorrerá 18 concellos galegos cun programa específico para escolares enfocado na celebración das Letras Galegas. Así o deu a coñecer este venres o secretario xeral da Lingua, Valentín García, quen precisou que esta proposta centrarase na figura da autora homenaxeada na edición deste ano. Acompañado pola narradora oral Vero Rilo, quen protagoniza a obra xunto co músico Luis Iglesias, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude precisou que e As mil e unha «forma parte da variada e extensa programación de FalaRedes 2026 que se dará a coñecer nos vindeiros días e que se avanza con esta iniciativa en concreto centrada en Begoña Caamaño». Engadiu que a iniciativa afonda dun xeito divertido e ameno no universo literario de a autora «para achegar á cativada maior de 4 anos a importancia das Letras Galegas e de celebrar a nosa cultura e a nosa lingua».

O percorrido de As mil e unha iniciarase o 18 de abril no municipio ourensán de Pereiro de Aguiar, para continuar ao día seguinte por Ribadavia. A xira continuará en maio, mes no que recalará en Barbanza. O día 8, Vero Rilo e Luis Iglesias estarán en Noia (Casino, 18.00), o 9 chegarán a Ribeira (centro cultural Lustres Rivas, 12.00) e o 10 farán unha parada en Porto do Son (casa de cultura, 18.00). Tamén haberá pases do espectáculo en outros puntos como Mondoñedo, Santiago de Compostela, Verín e A Estrada.