O escritor de Rianxo erixiuse co premio cun relato de aventuras titulado «Un inferno frío»
30 dic 2023 . Actualizado a las 09:58 h.A vixesimosegunda edición do certame literario de aventuras Antón Avilés de Taramancos, promovido polo Concello de Noia, xa ten gañador. Trátase do escritor rianxeiro Xosé Ricardo Losada, que se erixiu co galardón cun texto titulado Un inverno frío. Nesta ocasión foron dez as obras que concorreron ao concurso.
O concelleiro de Cultura de Noia, José Pérez, explicou que o premio que se levará o autor de Rianxo consiste en tres mil euros en metálico e unha escultura realizada polo artista local Alfonso Costa. Ademais, o relato será publicado pola editorial Toxosoutos. Tamén leu a acta do xurado, que encargado de examinar as obras participantes, que estivo formado polos profesores e escritores Antonio Puentes, Antonio Piñeiro e Raúl Soutelo.
Foi este último o que tomou a palabra para falar en nome de todo o xurado, do que tamén formaron parte o alcalde de Noia, Santiago Freire, como presidente de honra, e a técnica municipal Oliva Fraga, como secretaria. Fixo fincapé no acerto do título do relato, posto que fai referencia «á Galicia de acá e á de alén do mar». Engadiu que, para os exiliados, «foi un inferno ter que deixar a terra e empezar unha nova vida en América».
Raúl Soutelo apuntou que a decisión do xurado foi practicamente unánime e difícil de tomar, debido a gran calidade das obras que se presentaron ao certame.