Para Carla Places, a danza non é só unha forma de expresión, senón que «tamén é un traballo». A pesar de que está moi orgullosa de ser quen de saír adiante sendo bailarina, admite que a xente aínda non entende que a súa profesión é tan digna coma calquera outra: «Nótase moito cando estou a buscar piso e descobren que son bailarina, pensan que por iso xa non vou a pagar o aluguer».
A pesar de que moita xente asocia a danza a unha disciplina artística e a parte do mundo cultural, ela considera que aínda falta bastante por percorrer. Escoita á xente sinalala «como se o único oficio ao que pode acceder unha bailarina fora de carácter sexual».