Manuel Seijas: «Seguimos tendo os mesmos problemas»

M.G. NOIA

NOIA

gerpe

A Marea Cidadá cre que non se avanzou en cuestións importantes neste mandato

06 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Co obxectivo de manter a mesma liña de traballo e «seguir sendo a referencia na oposición» nos dous vindeiros anos, Manuel Seijas, voceiro da Marea, fai unha análise negativa da primeira metade do mandato: «Seguimos tendo os mesmos problemas. Seguimos sen centro de día, escola infantil nin un plan de conciliación, falta planificación tendo en conta os problemas sociais e económicos derivados do covid. Falta apoio aos sectores económicos máis afectados, non se prevé nin se espera un plan de reactivación económica a nivel local. E seguimos sen ter plan xeral».