Roberto Iglesias: «Non se fan as obras que Noia precisa para medrar»

Marta Gómez Regenjo
M. Gómez NOIA

NOIA

CEDIDA

O voceiro do PSOE ve no goberno un pacto de conveniencia

06 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Asumiu o papel de voceiro do principal grupo da oposición co mandato xa iniciado, pero Roberto Iglesias ten unha opinión fundada sobre o executivo: «É un goberno de conveniencia, viven do márketing».

-Non é a primeira vez que acusa ao executivo de facer márketing.

-Porque cada un dos membros do goberno trata de vender os seus logros de forma individual. Non vemos un proxecto de vila para Noia: seguimos sen centro de día, sen escola infantil, sen o novo centro de saúde, sen políticas de conciliación... Si que se fan obras, pero non son as obras que Noia precisa para medrar como vila. As prioridades do goberno e as nosas non son as mesmas.

-Cales son as principais eivas?

-Non se pon en valor o suficiente o noso patrimonio, hai unha falta de mantemento evidente. E non hai propostas para a conciliación familiar.

-Esa é unha cuestión prioritaria para o PSOE?

-Por suposto, temos que mellorar nos servizos. Non concibimos que haxa xente de Noia que vive en Ames ou Bertamiráns porque aquí hai carencias nos servizos para a conciliación. Temos que mellorar niso e en apoiar o emprendemento, e necesitamos o PXOM xa para ter futuro.