José Pérez: «Demos estabilidade ao goberno sen perder a nosa identidade»

Marta Gómez Regenjo
M. Gómez NOIA

NOIA

CARMELA QUEIJEIRO

O voceiro do NOIA subliña que o partido soubo manter a súa independencia dentro do executivo

06 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Coa convicción de que «non hai que confundir a lealdade coa falta de crítica», José Pérez defende o papel que xoga o NOIA no goberno local e o impulso ás concellerías das que son responsables.

-Como valora a súa participación no goberno noiés?

-Como prometemos no seu día, demos estabilidade ao goberno sen perder a nosa identidade. Demos o noso apoio para aprobar cousas, algunhas importantes, como o orzamento, pero tamén nos desmarcamos cando non estivemos de acordo en algo. Somos críticos, tamén coa nosa propia xestión, porque somos ambiciosos.

-Que destacaría das súas concellerías?

-Máis que facer grandes obras, achegámonos ás persoas, que para nós é máis importante que unha foto bonita. Priorizamos aos veciños e non o cemento aumentando de xeito importante as partidas de Servizos Sociais.