Alberto Freire, futbolista do Noia: «Prefiro non ser pichichi e que o equipo se meta na fase»

s. gómez

NOIA

MARCOS CREO

O centrocampista tratará de que o seu equipo sume os tres puntos hoxe, ás 17.30 horas, contra o Boiro

18 abr 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha pubalxia puso Alberto Freire (Negreira, 1997) contra as cordas. Nin puido evitar o quirófano, nin xogar ao fútbol en máis dun ano. Agora comeza a atoparse coma sempre. E nótase. É o pichichi dun Noia que ten neste centrocampista a todo un todoterreo. Un crack.

-Outro derbi. Como o ve?

-Espero un encontro igualado, coma foron estas catro xornadas. Creo que non hai ningún favorito. Todo está sendo moi igualado. Por detalles pode caer a vitoria para calquera lado.

-Iso explica os vosos últimos empates?

-Si, vese no marcador. O partido contra o Xallas foi o que máis merecemos gañar. Fronte O Pino e Dubra sacamos os tres puntos, pero non fixemos máis que o rival. Ningún rival é inferior. Hai unha igualdade máxima.

-E o derbi por onde cre que irá?

-Quizás nas gañas, na intensidade... Hai respecto entre os rivais, ao termos público haberá intensidade, gañas, loitas, disputas... O que é un derbi.

-Como chegades?

-Temos gañas, pero fisicamente estanos custando. Adestrando estamos ben, contamos cun grupo moi bo, unha piña, vamos todo a unha. Pero levamos un mes adestrando, logo de tantos paróns hai que ir pouco a pouco.

-A ver que pasa en Barraña logo.

-Creo que quen saia máis enchufado terá vantaxe. Noutra situación igual a estratexia podía contar máis, pero levamos pouco tempo xuntos. Falta ritmo. Ningún equipo é capaz de circular o balón e apertar os 90 minutos.

-Contra o Puebla pasou algo así.

-E en Dubra o mesmo. En A Pobra saímos ben, fixemos un gol pronto, pero despois caemos un pouco. Manter o ritmo é o que temos que mellorar. Ao non sentenciar tes ansiedade, créanche ocasións de gol... cos partidos melloraremos.

-Pensa en ascender?

-Sen ter feito pretemporada sería un erro poñernos esa meta si ou si. Queremos intentar estar arriba e gañar os máximos partidos posibles.

-É o home de moda do Noia.

-É o mundo ao revés [ri]. Non me caracterizo por marcar goles e en catro xornadas levo tres.

-Aínda acaba pichichi. Ao tempo...

-Se axudan para sumar puntos ben. Prefiro non ser pichichi e que o equipo se meta na fase. Mellor gañar e que marque o dianteiro de rebote [ri].

-O Boiro ven de esta parado polo covid.

-Supoño que no físico pódelles custar. Pero non creo que sexa escusa.

-Ve seguro xogar?

-Si, si, nós imos coa máxima seguridade de que se fixeron as cousas ben.

-Ao choque irá igual.

-Non queda outra [ri]. Igual non vas e tampouco ganas o partido. Vamos a xogar con normalidade.