García Vidal presenta o seu libro en Noia

La Voz

NOIA

MARCOS CREO

O acto está organizado por Barbantia e a editorial Toxosoutos

22 nov 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Venres • Coliseo Noela • 20.30 horas • Da man da Asociación Cultural Barbantia, o xeógrafo noiés Pedro García Vidal presentará na súa vila Noia e Muros. Paisaxes urbanas de séculos II. Da destrución á ordenación, protección e rehabilitación da paisaxe construída (1950-2020), a segunda parte da súa tese doutoral.

O acto contará coa participación de Clodio González, da editorial Toxosoutos; o alcalde de Noia, Santiago Freire; e Encarna Pego por parte de Barbantia. A presentación estará amenizada, como é habitual, cunha actuación musical que correrá a cargo de Claudia Fernández á guitarra e o violonchelista Duarte Fernández.

Por mor la pandemia de covid-19, o aforo do coliseo Noela está limitado, polo que para asistir ao acto é preciso facer a reserva no enderezo barbantia@barbantia.es.