Antón de Noia na viaxe de Magallanes

Morreu no desembarco na illa filipina de Mactán, sendo grumete da Trinidad


Entre os exploradores de Noia que participaron nas expedicións atlánticas do século XVI atópanse Lorenzo de Armada, que se enrolou na segunda viaxe de Colón polo Caribe, e Xoán de Noia, que participou na cuarta viaxe colombiana coa intención de descubrir as terras situadas máis aló da liña disposta polo Tratado de Tordesillas.

Outro explorador vinculado a Noia foi o grumete Antón Varela ou Antón Gallego, tamén coñecido polo sobrenome de Antón de Noia. O 10 de agosto de 1519 partiu coa expedición organizada por Fernando Magallanes coa intención de descubrir a Ruta do Paso e demostrar que as illas da Especiaría ou Maluco caían na demarcación de España conforme o que se establecera no Tratado de Tordesillas (1494).

A través do relato Primo viaggio intorno al mondo, do piloto italiano Antonio Pigaffeta, coñecemos como chegaron ao océano Pacífico polas costas da Patagonia. Dende aquí ao Maluco tardaron 103 días. Segundo o relato do tripulante toscano, as condicións da singradura foron dramáticas polo escorbuto, o inimigo dos navegantes:

«Las ratas se vendían a medio ducado la pieza y más hubieran aparecido. Pero por encima de todas las penalidades, esta era la peor; que les crecían a algunos las encías sobre los dientes -?así los superiores como los inferiores de la boca- hasta que de ningún modo era posible comer; que morían de esta enfermedad».

Cando a expedición chegou a Filipinas, detivéronse nas illas de Cebú e Mactán, onde, por culpa da teima do navegante portugués de participar nas desavinzas locais, embarcouse con sesenta homes para conseguir a vasalaxe do cacique Sipapulapu.

Dramática derrota

Tal como conta Pigafetta, o sábado 27 de abril de 1521, a expedición de Magallanes sufriu unha dramática derrota cando intentou desembarcar na illa de Mactán:

«Fueron muertos con el ocho de nuestros hombres y cuatro indios ya bautizados; estos, por las lombardas de las naves, que en plena refriega acercándose a prestar ayuda. Y de los enemigos, quince solo; contra además muchos heridos nuestros».

Entres os mortos de Mactán estaban: Cristóbal Robelo (criado da nao Victoria), Francisco Espinosa (toneleiro da Trinidade), Xoán Torres (sobresaínte da Concepcións), Rodrigo Nieto (criado do capitán da San Antonio), Pero Gómez (criado do alguacil da Victoria), Antón Escovar (sobresaínte da San Antonio) e Antón de Noia (grumete da Trinidad).

Morto Francisco Magallanes, a expedición continuou rumbo a Mindanao e Borneo. O 21 de nadal saían á ruta occidental polo cabo de Buena Esperanza. O 9 de agosto chegaban a Cabo Verde e o 8 de setembro, cando só faltaban doce días para cumprirse tres anos da partida, arribaban a Sevilla.

Dos 265 tripulantes que partiran de Sanlúcar de Barrameda só rematarían a viaxe 18 persoas. Entre eles Diego Gallego, natural de Baiona, e Antonio Pigafetta. A Terra era redonda, aínda que o noiés Antón Varela ou Antón Gallego, protagonista da novela Rumbo ao Maluco, de Pepe Agrelo, non o soubera porque non rematara a viaxe de circunnavegación que completou Elcano.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Antón de Noia na viaxe de Magallanes