Un poeta esquecido


Non naceu no Barbanza Eduardo Núñez Sarmiento, senón en Ribasar, parroquia do concello de Rois, o 20 de marzo de 1865, mais estivo moi vencellado a Noia, onde residiu varios anos e onde naceu o seu fillo, o poeta D’Arxellas, en 1888. Mestre de escola, foi xornalista dende posicións rexionalistas e republicanas, que o levarán a un breve exilio en Portugal.

Colaborador de xornais galegos e cubanos, os estudosos, poucos, da figura deste autor soen caracterizar a súa obra en galego de escasa e epigonal, citando a obra Aturuxos (1891), da que saíron catro pregos, e o poema Lembranzas, editado en Cuba en 1900, que é o mellor da súa produción. Á illa de Cuba chegou en 1894 e alí participou como oficial español na guerra colonial. Cultivou o xornalismo, cheala gando a dirixir a derradeira etapa da revista El Eco de Galicia, ademais de editar tres folletos poéticos: En las orillas del Esla (1895), Costanza (1895) e La cruz de la espada (1898).

En 1905, enfermo, voltou de Cuba e faleceu no seu lugar natal, o 21 de decembro de 1906.

A súa obra en galego non é tan escasa como se cre. Mentres residiu en Noia colaborou no xornal O Tío Marcos d’a Portela con máis de vinte poemas e unha prosa, entre 1886 e 1889.

Empregou moitos anagramas e pseudónimos como: E. Nusar, T. Semirano ou Calderilla, pero o máis curioso foi o de Blanca Azucena de la China, co que publicou a obra Romancero de Pontevedra en 1893. Foi autor tamén de Romancero de Lugo (1891). Este autor, que foi Cabaleiro da Orde de Isabel a Católica, é tamén narrador en lingua galega, autor de varios relatos humorísticos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Un poeta esquecido