Néstor Rego quere defender no Congreso o saneamento das rías

La Voz

NOIA

marcos creo

Desde o BNG insisten na necesidade de que os galegos voten masivamente nos comicios de novembro

21 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Volver ao Congreso para defender os intereses de Galicia en xeral e o saneamento das rías en particular foi o propósito que se marcou onte en Noia Néstor Rego, o candidato do BNG pola Coruña. «Esixiremos que se invista nesta ría para o desenvolvemento dunha actividade vital, que emprega a máis de 1.500 persoas», afirmou. Tamén anunciou que pelexará para modificar as condicións sociolaborais deste colectivo.

Rego estivo arroupado pola responsable do BNG en Noia, Cristina Fernández; polo voceiro municipal, Ricardo Suárez; e pola tamén candidata ao Congreso Maruxa Martínez. A necesidade de frear a emigración dos mozos, o alto custe da tarifa eléctrica en Galicia ou a necesidade de defender o monte foron outro dos temas abordados no acto. Todos insistiron na necesidade de que os galegos voten masivamente nos comicios de novembro.