José Ortoño: «Pese á rivalidade, a capela e a fe unen a toda a parroquia»

María Xosé Blanco Giráldez
m. x. blanco RIBEIRA / LA VOZ

NOIA

MARCOS CREO

José Ortoño Cura de San Martiño de Noia

02 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Desde hai un lustro, o párroco de San Martiño de Noia, José Ortoño, é o encargado de oficiar as misas que teñen lugar ao longo das festas de San Roquiño de Tállara. El é testemuña da singular batalla que se lidia entre os habitantes dos diferentes núcleos por ter a mellor verbena, aínda que asegura que no fondo reinan a colaboración e a amizade.

-Que é para vostede o máis singular destas festas de San Roquiño?

-Pois primeiro, que é a última gran festa na zona, e segundo, que ten a peculiaridade de que se prolonga ao longo de moitas xornadas. Non hai parroquia na redonda que aguante tantos días de celebracións, sobre todo se temos en conta que aquí corre todo a conta dos veciños.

-Que opinión lle merece esa rivalidade que existe entre os organizadores das distintas xornadas festivas?

-É certo que cada aldea quere ter a verbena que consiga concentrar a máis público, pero, pese á rivalidade, a capela e a fe unen a toda a parroquia. É unha rivalidade san e ao final todos colaboran entre eles. Hai harmonía, amizade e cariño por todos os santos.

-É Tallara unha parroquia especialmente relixiosa?

-Podería dicirse que si, pois ao longo de todo o ano soe haber unha misa por semana aquí na capela e a xente asiste. O que quero dicir é que os veciños non só acoden aos actos litúrxicos nestes días de festas, senón que tamén participan das actividades da Igrexa o resto do ano.

-Existe entón unha devoción especial por San Roque?

-Non creo que sexa iso, senón máis ben que esa devoción é cara a todos os santos por igual. A xornada dedicada a San Roque concentra un maior número de persoas porque sempre coincide en domingo e polo tanto hai máis dispoñibilidade, pero os veciños de cada lugar acoden cando toca o día dedicado ao santo da súa aldea.

-Que foi o que máis lle sorprendeu cando empezou a oficiar as misas nesta capela hai cinco anos?

-Sorprendeume o feito de que houbera tantos días de festa nunha parroquia tan pequena. Vexo que as organizan con moita ilusión e unha gran harmonía.

-Tamén vostede está desexando que a meteoroloxía se porte?

-Claro que si, porque os veciños traballaron moito para conseguir os fondos cos que sufragar as diferentes actividades e é unha mágoa que non poidan gozalas, pero iso non depende de nós. Aos fregueses gústalles moito saír en procesión e oxalá non tiveramos que suspender ningunha máis ata que finalicen as festas.

El programa de hoy: Turno para Charleston Big Band y Los Trovadores

Las fiestas de San Roquiño han atravesado el ecuador. Los vecinos han tenido la oportunidad de ver sobre el escenario a las orquestas Palladium, Samba, Satélites, Españoles, Marbella y Trébol. Y esta noche serán las formaciones Charleston Big Band y Los Trovadores las que traten de convencer al público con sus espectáculos.

Manuel Miguéns, el veterano del grupo de lousamianos que se encargan de la organización de las fiestas de Tállara, confía en estas orquestas para ganar la batalla, logrando concentrar a un mayor número de personas en la verbena. Él es todo un experto en la materia, puesto que lleva más de seis décadas organizando el miércoles de los festejos.

Ha apostado también por intensificar las citas musicales durante el día. Y es que, tras las 21 bombas de palenque de rigor, serán dos las formaciones que recorran la parroquia sembrando el ambiente festivo: los gaiteiros de O Son do Pote y la Banda de Música de Lousame. Esta última formación también actuará en la sesión vermú, una vez concluya su pase la orquesta Los Trovadores. 

Por San Miguel

La misa, como ocurre todos los días, está fijada para la una de la tarde e incluirá, si el tiempo lo permite, una procesión que en esta ocasión liderará la imagen de San Miguel, a quien se le dedica esta jornada.

De momento, la única procesión que pudo desarrollarse de forma completa fue la de ayer. El domingo fue suspendida debido a la incesante lluvia y el lunes se optó por un recorrido corto, alrededor de la ermita.