Brandariz presenta en Aguiño «As lendas de Antón Fraguas»

A.L.

NOIA

RAFA QUINTANS

O programa de actos tambén inclúe un taller de debuxo para nenos

15 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Venres • A partir das 17.00 horas • Conservatorio de Aguiño • A Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño organiza cada ano os actos conmemorativos do Día das Letras Galegas, que nesta ocasión terán como prato forte un espectáculo do humorista e actos Pedro Brandariz que leva por título As lendas de Antón Fraguas. A posta en escena será ás 19.30 horas dentro do auditorio, pero media hora antes terá lugar unha xornada de debuxo dirixida a nenos de 2 a 13 anos, que tamén recibirán un agasallo pola súa participación nesta actividade.

Non faltará a diversión neste Día das Letras Galegas, e está previsto instalar no exterior do recinto varios inchables, ademais de realizar talleres e xogos para que os máis pequenos poidan divertirse (16.30 a 19.30).

Serafín Marcos presenta o seu espectáculo en Noia

Hoxe • 10.00, 11.30 e 13.00 horas • Colegio Felipe de Castro de Noia • O artista Serafín Marcos continúa recorrendo a comarca co seu espectáculo Que ten un mestre etnógrafo?, baseado na vida e obra de Antón Fraguas. Nesta montaxe, o actor visita os lugares que marcaron a traxectoria vital do escritor e as costumes e tradicións que recolleu nos seus traballos.

 Os escolares da Pobra van de romaría a Neixón

Mañá • 10.00 horas • Castros de Neixón (Boiro) • Os alumnos do colexio Fernández Varela participarán na romaría que terá lugar nos castros de Neixón onde non faltará a música a cargo dun grupo de gaitas e pandereteiras. Ademais, haberá talleres, bailes e xogos populares, e os nenos e as súas familias poderán participar nunha merenda campestre.