Xerardo Agrafoxo abre en Noia a novena Semana da Historia

La Voz

NOIA

MARCOS CREO

Ofrecerá un relatorio sobre as viaxes de Berenguel de Landoira, relixioso ao que nesta ocasión se lle dedica o ciclo de conferencias

30 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Coliseo Noela • 19.00 horas • O historiador Xerardo Agrafoxo será o encargado de abrir unha nova edición, a novena, da Semana da Historia de Noia. Ofrecerá un relatorio sobre as viaxes de Berenguel de Landoira, relixioso ao que nesta ocasión se lle dedica o ciclo de conferencias. Este arcebispo francés xogou un papel fundamental na historia de Noia, onde impulsou a construción da igrexa de Santa María A Nova e o trazado da muralla medieval.

A conferencia concluirá cunha pequena actuación musical da soprano Esperanza Mara.