Luis Sanmartín: «O noso obxectivo é formar a rapaces na práctica deportiva»

O noiés, que tamén é unha peza clave no equipo de técnicos da entidade, analizou os próximos retos desta


Con só 9 anos, Luis Sanmartín Caamaño (Noia, 1968) correu por primeira vez a histórica pedestre noiesa. E esa era a mesma cifra inscrita na numeración do carné de socio do Club Atletismo Noia (CAN) de seu pai, entidade da que Sanmartín se converteu no seu presidente e adestrador en 1991. En todo este tempo, o CAN gañouse a pulso o recoñecemento do mundo do atletismo na labor formativa da base. Sanmartín é un dos seus grandes profesionais que moldea o talento.

-¿Con cantos atletas contan nas súas filas na actualidade?

-Contando co grupo dos veteranos, temos 138 licencias. Trátase dunha cifra normal -xa que adoitamos movernos entre os 100 e os 150 atletas-, que lle da valor ao traballo que facemos.

-¿Podería facer un resumo da evolución do club dende os últimos anos ata agora?

-O certo é que nos últimos anos produciuse un cambio moi grande. Viñamos dunha etapa na que vimos a unha das mellores quintas de rapaces. Tivemos a Tariku Novales, que chegou a ser internacional, pero non só iso. Tivemos a un amplo número de atletas que se clasificaron para campionatos de España e acadaron títulos de finalistas, así como medallas a nivel galego. Despois do inevitable camiño xeracional, pensábamos que nos estábamos encamiñando a un baleiro, pero apareceu un novo grupo de pequenos co que albiscamos esperanzas de volver a lograr méritos.

-¿Unha aposta a longo prazo?

-Non deixamos de pensar que somos un club da base, sería unha temeridade pensar que adestramos a atletas de elite. Non. Realmente, o noso obxectivo é formar a rapaces na práctica deportiva. Iso si, non podemos obviar que dependemos dos resultados para que se valore o noso esforzo ou para lograr subvencións. Ademais, tanto os integrantes como os adestradores alegrámonos cando se conquista algún título.

-¿Como saben que disciplina se lle dará mellor a un neno?

-O Club Atletismo Noia sempre se enfocou a unha metodoloxía interdisciplinar, é dicir, tratamos de iniciar aos cativos en todas as modalidades do atletismo dende benxamíns. Logo, imos vendo a evolución de cada un e a súa predisposición. Podería dicirse que a partir de que chegan a cadetes é cando se teñen que redirixir.

-Arrasaron na fase comarcal da Liga Xogade, ¿cales son as súas próximas paradas?

-Un dos nosos principais retos é o Campionato Galego de Campo a Través que se celebrará a finais de mes en A Rúa, sen pasar por alto a fase intercomarcal que terá lugar antes en Porto do Son. Temos depositadas grandes expectativas de cara ao autonómico escolar.

-¿Cal é a clave do éxito en idades tan temperás?

-Adquirir madureza como deportista, que o neno consiga certa autonomía e hábitos ao adestrar.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Luis Sanmartín: «O noso obxectivo é formar a rapaces na práctica deportiva»