O patrimonio etnográfico cobra protagonismo en Noia

La Voz

NOIA

Manuel Caamaño presenta o seu novo libro arroupado por Clodio González e Pedro García Vidal

10 feb 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Casa de cultura Antón Avilés de Taramancos (Noia) • Hoxe • 20.30 horas • Da man da Asociación Cultural Barbantia, do Concello de Noia e da editorial Zeika, o noiés Manuel Caamaño Suárez presentará esta tarde un novo libro. Desta volta, o tema a tratar é o patrimonio etnográfico de Galicia.

No acto, que terá lugar na casa de cultura da vila, o autor estará arroupado polo etnógrafo e historiador Clodio González Pérez e polo xeógrafo e historiador noiés Pedro García Vidal, que tamén intervirán durante a presentación.

As construcións da arquitectura popular. Patrimonio etnográfico de Galicia é o título da publicación arredor da que xirará a conversa durante a presentación, que comezará ás oito e media desta tarde.