Os mestres serán os encargados de darlle sentido a unidade didáctica López Abente

cee / la voz < / span>

NOIA

Eduardo Noya e Aurelia Picallo acompañaron a Xan Fernández Carrera na presentación.
Eduardo Noya e Aurelia Picallo acompañaron a Xan Fernández Carrera na presentación. XESÚS BÚA< / span>

07 sep 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

O historiador carballés Xan Fernández Carrera presentou onte na biblioteca de Muxía a unidade didáctica Gonzalo López Abente. O poeta do mar. Trátase dun instrumento pedagóxico, apoiado pola fundación que leva o nome do autor muxián e pola comunidade educativa, que será a encargada de extraer o verdadeiro proveito deste material.

Para o director do colexio Vilarmide, Eduardo Noia, que foi invitado a presentación xunto coa directora de Os Muíños, Aurelia Picallo, consta -polo que el puido ver ata o momento- dun material ben seleccionado, que aínda que está máis enfocado á secundaria, resulta aproveitable tamén para eles. «En López Abente está o mar, a muller, a sociedade,... e agora depende de cada mestre e do seu sistema de traballo a maneira na que poda empregar isto. O que está claro é que todo o que sexa incorporar o que temos preto ao día a día dos centros resulta positivo. A resistencia contra os franceses, por exemplo, houboa en Madrid pero tamén en Corcubión e nós sempre tratamos de aproveitar o próximo, xa sexa o románico, o megalitismo, os muíños, as tradicións,...», sinala o mestre sempre moi implicado co patrimonio muxián.