O sábado celebrarase unha asemblea para nomear ao secretario comarcal
30 ene 2013 . Actualizado a las 21:30 h.Compromiso por Galicia (CxG) continúa con seu proceso de formación da comarca de Muros e Noia. A pasada fin de semana, celebráronse nos distintos municipios as asembleas das que saíron elixidos os responsables locais de cada agrupación.
En Noia, levará a rendas de CxG Xurxo Louro, mentres que en Muros será María Sambade, concelleira na corporación. No caso de Outes, o elixido foi Xosé Manuel Ramos, e en Lousame Sonia Ares. Por último, o responsable local en Mazaricos será Xan Ramos. O sábado celebrarase a asemblea para elixir ao secretario comarcal.