Henrique Monteagudo lembrou os cantares de Muros

La Voz

MUROS

Çaridad González e María Lago acompañaron a Henrique Monteagudo na charla
Çaridad González e María Lago acompañaron a Henrique Monteagudo na charla cedida

O presidente da RAG ofreceu unha charla na Fábrica de Sel

09 may 2025 . Actualizado a las 15:28 h.

O novo presidente da Real Academia Galega (RAG), o muradán Henrique Monteagudo, visitou este xoves a Fábrica de Sel para ofrecer unha charla na que lembrou algúns dos falares e cantares que máis se popularizaron no seu pobo natal. Durante a conferencia, repasou algunhas das expresións e versos que xa forman parte da tradición oral de Muros e contou varias curiosidades sobre eles.

Ao finalizar o acto, a alcaldesa, María Lago, e a concelleira de Cultura, Caridad González, entregaron un agasallo a Monteagudo, ao que agradeceron que fixera un oco na súa apretada axenda para participar nesta actividade.