O BNG presenta emendas aos orzamentos con inversións en Muros e Noia

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

MUROS

Un dos investimentos sería a ampliar o museo de laudas gremiais de Noia
Un dos investimentos sería a ampliar o museo de laudas gremiais de Noia marcos creo

Pretenden incluír catro proxectos valorados en máis de 2,5 millóns de euros

24 nov 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O BNG, mediante o seu representante no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, vai presentar un conxunto de emendas aos Orzamentos Xerais do Estado.

Trátanse de catro investimentos, todos eles centrados na comarca de Muros e Noia. O primeiro e pola la que reclaman un maior importe, é a rexeneración da ría Muros-Noia, a través de estudos previos e accións encamiñadas á retirada de lodos en bancos marisqueiros anteriormente produtivos.

A segunda proposta de investimento está dirixida á Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos, que buscan consolidar como un museo de interpretación da vila medieval e dos gremios. Para isto propoñen destinar un importe de 900.000 euros.

Outra das demandas que o representante del BNG quere levar ao Congreso é a modernización da planta de Servia en Lousame, que inclúe a compra dunha volteadora. Por último, os nacionalistas queren que os deputados nacionais aproben 130.000 euros para a rexeneración da zona húmida de San Lázaro, en Noia.