Un historiador de Muros

Pastor Rodríguez A VOZ DE BARBANTIA

MUROS

Ramón de Artaza, sentado no centro ao carón de familiares e amigos, no día do seu 98 aniversario
Ramón de Artaza, sentado no centro ao carón de familiares e amigos, no día do seu 98 aniversario BLANCO

Ramón de Artaza e Malvárez, nado nesa vila no ano 1877 foi  director de publicacións locais como El Diablillo, Villa de Muros ou Tribuna Gallega

27 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Non hai dúbida de que ata as publicacións de Manuel Fabeiro, o historiador de Muros máis importante era Ramón de Artaza e Malvárez, nado nesa vila no ano 1877. Licenciado en Dereito, foi rexistrador, pero tamén xornalista, director de publicacións locais como El Diablillo, Villa de Muros ou Tribuna Gallega.

Cronista Oficial de Muros, membro numerario da Real Academia Galega, institución na que ingresou co discurso Gremios y cofradías, son fundamentais para o estudo da historia da súa vila natal as obras Recuerdos de la muy noble, muy leal y muy humanista Villa de Muros (Santiago, 1908), Páginas históricas de la Villa de Muros (Buenos Aires, 1940), Muros. Páginas de su historia (A Coruña, 1950) ou Crónica de Muros, publicada en 1954 co seu fillo Artaza Blázquez, co que tamén editou, en tres tomos, a obra Villa de Muros y su distrito (1959-1962).

No Boletín da Real Academia Galega publicou algúns traballos sobre a vila natal, como Toma de posesión de un juez ordinario en la villa de Muros en 1810 (1909) ou Nombramiento de un regidor perpetuo de la villa de Muros, por el arzobispo de Santiago. Año 1587 (1917).