Pena de morte

La Voz BUZÓN DEL LECTOR

MUROS

02 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Puede enviar sus textos para ser publicados a la dirección de correo electrónico redac.barbanza@lavoz.es

A pena de morte é un tema que está moi presente hoxe en día nas nosas conversas, sendo en moitos casos un caso de debate. Mais, se analizamos este castigo que é o que podemos atopar?

Examinando a parte social, a maioría das penas de morte están instauradas en réximes ditatoriais onde se queren castigar os líderes políticos e as minorías perseguidas. Mais moitos estudos confirman que a pena de morte non fai diminuír os conflitos no territorio, polo que estas persoas estarían perdendo a vida inxustamente, sendo incluso inocentes. Deste mesmo xeito, non hai evidencias de que este castigo sirva para intimidar e así poder reducir os crimes. Incluso podemos afirmar que o afán a contradicir a lei provoca unha maior violencia. Así, a pena de morte desde esta perspectiva sería unha medida sen sentido.

Por outra parte, de estarmos a favor da pena de morte estariamos pasando por alto o dereito á vida que proclama a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Esta medida sería un retroceso da propia evolución humana e non todas as persoas estariamos en igualdade de condicións, xa que a xente con menos recursos non se pode defender e ten máis posibilidades a ser condenada.

En conclusión, podemos reafirmar a idea de que a pena de morte é unha medida que atenta contra o dereito á vida e que pode castigar xente inocente. Ademais, no caso de querela aplicar como unha forma para diminuír a violencia, tampouco daría resultados positivos. Alba Expósito. IES Plurilingüe Fontexería (Muros)