Bibi: «Somos o club máis humilde da liga»

Confesa que o salto de categoría non está sendo sinxelo, e que os rivais obrigáronlles a dar un paso cara diante


Logo dunha tempada para quitarse o sombreiro, David Otero, coñecido por todos como Bibi, afronta o reto de facer forte ao Muros na Segunda Galicia. Confesa que o salto de categoría non está sendo sinxelo, e que os rivais obrigáronlles a dar un paso cara diante. Non obstante, afirma que a grata imaxe mostrada nos últimos choques reforza ao conxunto nesta loita por manterse.

-Que meta se poñen?

-O que buscamos é a salvación. O ano pasado fixemos unha tempada que nin nós imaxinabamos. Non contabamos con subir. Este curso mantemos ao mesmo bloque e por enriba temos ao noso capitán lesionado. Hai xente que levaba bastante tempo sen xogar e a maioría non ten experiencia na categoría. Estámonos afacendo, pero creemos que é posible acadar a noso obxectivo.

-O arranque na liga non foi nada malo.

-Comezamos ben, pero tivemos unha mala racha, con catro partidos seguidos perdidos. Creo que contra o Baíñas fixemos un bo primeiro tempo, e contra o Muxía conseguimos manter esa boa liña. Esta semana xogamos co Corme. Queremos facelo o mellor posible, pero o importante é sumar puntos contra os conxuntos que sexan da nosa liga.

-Logo do ascenso, moitos pensaron que isto ía ser máis sinxelo.

-Hai xente que di que puidemos non facer equipo. Creo que esquecen que somos o club máis humilde da liga. O ano pasado incluso houbo xogadores que puxeron cartos do seu peto e agora o máximo que reciben son cartos para a gasolina. Desta maneira é máis complicado. Tódolos equipos teñen tres ou catro futbolistas con experiencia e que non están en Primeira Galicia ou Preferente por querer xogar na casa.

-A quen ve como candidatos?

-Mazaricos, Corme, Muxía e Ponteceso. A partir de aí haberá un grupo de sete ou oito clubs pelexando con nós pola permanencia e que deberán ter un ollo nos arrastres.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
8 votos
Comentarios

Bibi: «Somos o club máis humilde da liga»