A Xunta elixe Muros para acoller unhas xornadas sobre toponimia

A iniciativa ten como obxectivo sensibilizar sobre a necesidade da xeolocalización deste patrimonio inmaterial


ribeira / la voz

O municipio muradán foi un dos 15 escollidos pola Consellería de Cultura, en colaboración coa Real Academia Galega (RAG), para acoller un dos encontros da segunda edición do programa Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra, unha iniciativa que ten como meta concienciar sobre a importancia e a necesidade da xeorreferenciación e xeolocalización deste patrimonio inmaterial.

A inclusión de Muros na Rede de Dinamización Lingüística permitiu que fora unha das localidades elixidas para celebrar estas xornadas, nas que se falará da toponimia propia do concello, facendo especial fincapé no significado dos nomes das parroquias e das aldeas, ademais de dar información sobre como consultar os termos xeorrefenciados no buscador de topónimos da Xunta.

Esta non é a primeira vez que este programa recala la comarca, xa que o concello de Lousame participou na edición anterior, na que se presentou un proxecto de microtoponimia.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Tags
Comentarios

A Xunta elixe Muros para acoller unhas xornadas sobre toponimia