Fran Figueroa: «O que buscamos é que o proxecto perdure no tempo»

A súa insistencia e perseveranza motivaron que, o ano pasado, As Miúdas pisaran por vez primeira os terreos de xogo galegos


Fran Figueroa (Muros, 1981) apostou con moita forza polo fútbol feminino. A súa insistencia e perseveranza motivaron que, o ano pasado, As Miúdas pisaran por vez primeira os terreos de xogo galegos. Este ano, tras un arranque fulgurante, toca seguir dando pequenos pasos.

-Comezaron como un avión, ¿a que o achaca?

-O inicio foi moi bo, pero veunos ben perder contra o Chispa este domingo. Fíxonos poñer os pes no chan. Seguimos sendo un conxunto que empezou a camiñar o pasado ano. A partir de aí tócanos medrar.

-¿Veu demasiada euforia?

-Eu tamén a sentín. Comezar con dúas goleadas, contra equipos que non coñeciamos. Agora tivemos un toque de realidade, pero a ilusión segue intacta.

-Cal é a meta deste ano?

-Como mínimo, igualar o do ano pasado. Quedar entre os cinco primeiros sería un éxito. Somos un bloque novo, con fichaxes e xogadoras con poucas sesións de adestramento. Aspirar a ascender sería un exitazo, pero o que buscamos é que o proxecto perdure no tempo. Que as rapazas de Muros o vexan como un lugar onde gozar do deporte.

-¿Como valora o nivel da liga?

-O ano pasado había máis diferenza, con dous ou tres clubs moi por enriba. A día de hoxe o grupo é moito máis homoxéneo. Aguiño, Boiro e Chispa son conxuntos que temos como referencia.

-Reciben ao Aguiño este fin de semana. Partido complicado...

-Sempre me motivou xogar contra os mellores. Neste encontro teremos que enfrontarnos contra Alitas, sabemos o que ela significa para o fútbol feminino na zona. É un aliciente que haxa xente deste nivel na categoría. Iso si, iremos a intentar superalas. As rapazas están cargadas de ilusión.

-¿Cal é o reto ao que se enfronta o fútbol feminino?

-Hai certos comentarios que se escoitan nas gradas que non agradan. Vanse dando pequenos pasos, seguimos avanzando a pesar de ser un deporte machista.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos
Comentarios

Fran Figueroa: «O que buscamos é que o proxecto perdure no tempo»