Calidades que, sen embargo, se quedan curtas en comparación co seu rendemento académico, porque, por moito que lle gustou sempre o fútbol, a xogadora de Mazaricos nunca deixou de lado os seus estudos. De feito, durante o curso pasado obtivo o premio de excelencia ao ter o mellor expediente de Galicia no seu grao formativo. É esta unha distinción que a enche de orgullo por canto lle recoñece o esforzo que tivo que facer, e que este ano aínda será maior, co fin de compatibilizar as prácticas da carreira cos adestramentos no Deportivo.
«No Depor estou atopando todas as facilidades do mundo, algo que se bota de menos, por exemplo, no ámbito da universidade, onde son pouco flexibles cos horarios e iso dificulta enormemente a compatibilidade de moitos alumnos, como é o meu caso, coa práctica deportiva», apunta Tati, quen, con todo, di sentirse optimista. Unha actitude que, segundo recoñece, resulta imprescindible para lograr éxitos no fútbol e na vida.