Javier González: «En moitas cousas están facendo bo ao goberno anterior do PP»

La Voz

MAZARICOS

Javier González Trillo, PSOE
Javier González Trillo, PSOE Alvite

O concelleiro socialista lamenta o que considera talante de pouco diálogo do alcalde e a falta dun proxecto claro

08 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Especialmente crítico co mandato do BNG se amosa concelleiro socialista Javier González Trillo, que lamenta o que considera talante de pouco diálogo do alcalde e a falta dun proxecto claro.

Como valora a primeira metade do mandato?

—Está sendo nefasto. Está quedando ao descuberto a incapacidade deste goberno para resolver os principais problemas de Mazaricos. Lamentablemente, en moitas cousas están facendo bo ao goberno anterior do PP.

—A que se refire?

—A falta de seguimento nas obras, de interese por conseguir cousas ou á colaboración co resto dos grupos. En xeral, á desidia que amosan no funcionamento diario.

—Que bota de menos?

—O PXOM, o polígono ou o centro de día. Todas aquelas cousas que fai seis ou sete anos o alcalde pensaba que eran imprescindibles para o Concello e das que agora parece que se esqueceu.