O proxecto «Toponimízate» chegará a Mazaricos e Noia no mes de decembro

La Voz

MAZARICOS

26 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

De xeito paralelo ao traballo que se está realizando para recoller os topónimos e microtopónimos dos concellos de Galicia, a Xunta e a Real Academia Galega (RAG) teñen en marcha una campaña institucional, «Toponimízate. Coñece os nomes da terra», coa que se pretende dar a coñecer este patrimonio cultural e recadar novas achegas da cidadanía. No próximo mes de decembro está prevista a chegada deste proxecto á comarca, en concreto a Mazaricos e Noia, onde o especialista do Seminario de Onomástica da RAG Vicente Feijoo impartirá unhas charlas arredor dos nomes de lugar, da súa abundancia na comunidade autónoma e da orixe e o significado que teñen os nomes de parroquias e aldeas destes concellos. Ademais, tamén se darán unhas claves para consultar a toponimia xeorreferenciada de cada municipio no buscador da Xunta e explicaranse as utilidades desta ferramenta.