Hemeroteca: Manuel González pasou a ser fillo predilecto de Mazaricos

M. X. B. RIBEIRA

MAZARICOS

SIMÓN BALVÍS

A entrega da distinción convertíuse nunha gran reivindicación do idioma galego

16 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Mazaricos concedía hai seis anos o título de fillo predilecto a Manuel González González. A entrega da distinción convertíase nunha gran reivindicación do idioma galego, pois desde o momento no que se incorporou á Universidade de Santiago, o veciño de Beba dedicouse ás investigacións dos problemas lingüísticos e sociolóxicos de Galicia. Ingresou na Real Academia Galega no ano 1992, institución na que exerceu como secretario.

A aquel acto celebrado na Picota acudían compañeiros de Manuel González na RAG, como Francisco Fernández Rey e Xesús Ferro Ruibal, que aproveitaron as súas intervencións para facer unha defensa do idioma galego e para destacar o papel do mazaricán na súa supervivencia. O alcalde de entón, José Manuel Santos Maneiro, era o encargado de entregarlle o pergamiño ao homenaxeado.

O rexedor foi protagonista do gran momento, cando interrompeu o discurso para entregarlle unhas cunchas de vieira a Xosé Luís Méndez Ferrín. As pezas correspondíanse á obra Celtas sen filtro, na que o escritor facía referencia a Mazaricos.