Os mazaricáns homenaxean a catro escritores de Beba cunha andaina

La Voz

MAZARICOS

No disponible

O percorrido estará aderezado con comentarios sobre os autores elixidos e lecturas de fragmentos dos seus textos

11 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 17 • Campo da Feira da Picota (Mazaricos) • 17.00 horas • Os veciños de Mazaricos conmemorarán o Días das Letras Galegas realizando unha andaina polo lugar de Beba. O obxectivo é renderlle homenaxe a catro escritores que naceron neste recuncho do municipio: Francisco Suárez Salgado, Xesús Romero Suárez, Manuel González González e Silvestre Gómez Xurxo.

Aquelas persoas que desexen sumarse a esta actividade partirán ás cinco da tarde do Campo da Feira da Picota, para realizar un percorrido que estará aderezado con comentarios sobre os autores elixidos e lecturas de fragmentos dos seus textos. O colofón será unha merenda no adro da igrexa, para regresar despois ao punto de partida en autobús.

Os veciños que estean interesados en participar nesta actividade teñen que inscribirse previamente. Poden facelo na casa de cultura ou chamando ao número de teléfono 981 867 195. O prazo para anotarse concluirá o martes.