O valgués Rubén Quintáns proclámase novo campión galego de Resistencia e Víctor Mariño abre a Copa de España de Descenso sexto

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

LOUSAME

Cedida

Fin de semana de protagonismo arousán no BTT

23 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Fin de semana con protagonistas arousáns no mundo do ciclismo de montaña de competición. Con mención especial para Rubén Quintáns Castiñeiras. O valgués proclamouse en Lousame campión galego da categoría elite na modalidade de resistencia, tras completar dez voltas ao circuíto de competición de 6 quilómetros en 2 horas, 52 minutos e 15 segundos. De 28 anos, Quintáns leva tan só un competindo. Faino coas cores do Fundefrenos, equipo valgués que conta con 16 ciclistas. 

Víctor Mariño, sexto en Otívar

Fóra de Galicia, o vilanovés Víctor Mariño Ferreira completou unha notable proba de apertura da Copa de España de Descenso de BTT. En Otívar (Granada), nun circuíto cunha pendente media do -18,4 %, Mariño rematou sexto elite-sub 23, cun crono de 2.56.59.